jueves, 30 de mayo de 2013

MANUALIDADES: FLORES DE PAPEL

E as nosas flores do mural fixémolas da seguinte forma. Atentos, en 5 pasos están listas.

Necesitamos papel de cores, tesoiras, grapadora e cola.

O 1º será dobrar un rectángulo de papel (neste caso a metade dun A4) á metade, volvelo a dobrar pola metade, e dobralo á metade una 3ª vez. Desta maneira teremos as marcas feitas para dobralo en forma de abanico ou acordeón.



Cando temos o trazo de papel dobrado en acordeón, grampamos pola metade.


E cortamos os laterais, con tesoiras normais ou de formas.


Abrimos e pegamos.


E este é o resultado




MURAL DA PRIMAVERA

Pouco a pouco e con moita paciencia, fomos realizando un mural sobre a Primavera.

O primeiro de todo foi buscar as cores que precisábamos e saber en que orde ían. Algunhas xa as tiñamos na clase, outras houbo que preparalas con moita paciencia e probas, facendo mesturas. Collemos a pintura, manchamos as mans, e comezamos!!!! Unha cor de cada vez, para deixala secar antes da seguinte. Faltounos a azul escuro (pero non pasa nada).


E despois completamos a paisaxe. Unhas árbores, as nubes e o sol, o ceo e a herba.



E para darlle un pouco de cor, bolboretas...


...e flores.



Quedou así de chulo e xa está decorando o noso corredor.