domingo, 30 de octubre de 2011

EL GRITO, DE MUNCH

Lo voy a aprovechar para hacer una actividad plástica. Después de hacer "nuestra cara asustada"....ahora vamos a ¡¡¡¡gritar!!!!



RECURSOS PARA SAMAÍN

Atopei unha páxina que recopila un montón de recursos para traballar o samaín.

RECURSOS PARA O SAMAÍN


OBRADOIRO DO MEDO, DO CEIP QUINTELA


Propostas didácticas para traballar:

1.- Presentación do tema a través dos contos:

Haberá unha selección de contos, para lerlles na clase, que tratan do tema e dará lugar a comentalos.

Tìtulos:
· -“Os tres bandidos”. Kalandraka.
· -“Gato Guille e os monstros”. Kalandraka.
· -“¿No duermes osito?”
· -“O monstro de Ricardo”. Kalandraka.
· -“Que hace un cocodrilo por la noche”
· -“A bruxa regañadentes”. Oqo.
· -“Bola de manteiga” .Oqo.
· -“Tio lobo”. Kalandraka.
· -“Verlioka”. Oqo.
· -“Os bolechas teñen medo”. A nosa terra.
· -“ O medo”. Ir indo.
· -“Hansel e Gretel”. Kalandraka.
· -“Carrapuchiña vermella”. Kalandraka.


2.- Educación emocional:

  • Conversas en gran grupo sobre:

    •  Personaxes que lle dan medo, a eles mesmos ou a outras persoas.
    • Situacións nas que podemos ter medo (cando estamos solos, pola noite, de compras, vendo películas,,,)
  • Que lle pasa ó noso corpo cando temos medo (nos ollos, na boca, na respiración, na pel, no corazón…)
  • A que lle tiñan medo os nosos pais cando eran pequenos, por que xa non lle teñen…
  • Que podemos facer cando temos medo.
  • No entroido nos disfrazaremos de bruxas.

3.- Lingoa:

  • Escribir e compoñer as palabras bruxa e monstro.
  • Inventar nomes para os monstros e bruxas debuxados. Facer descricións a partir de fichas dadas (vive en, come.., ten..., fai...)
  • Memorizar adiviñas referidas a algún destes personaxes.
  • Facer o libro dos conxuros: para desaparecer, para enamorar, para convertir...
  • Aprenderlle o recitado:

“Era de noite
Había un castelo,
Abriuse a porta
Saiu un morcego
Meteu a man
Sacou un coitelo
¡¡UNTA A NOCILLA, UNTA A NOCILLA!!”


4.- Música:

Aprender a canción “A bruxa Maruxa “e a murga de Entroido.

5.- Expresión corporal:

  • Imitación de movementos de bruxas e monstros. Escenificación dalgunha secuencia de “Hansel e Gretel” ou a Bruxa regañadentes.
  • Exercicios de relaxación e respiración.

6.- Expresión plástica:

  • Debuxar bruxas e monstros para expoñer na “galería de bruxas”,”galería de monstros”
  • Elaborar o libro dos monstros en cada clase ou o libro das bruxas ,con debuxos de todos os nen@s. En cinco anos será un libro móbil onde cada páxina terá dúas partes que se poderán cambiar para poder formar un novo monstro.
  • Decorar os corredores e aulas con pantasmas, arañas e monstros feitos con recheos de papel.
  • Emmarcar portas con “pedra” feita de papel continuo, forrar portas de negro ou vermello, cubrir corcheiras con papel imitando o interior de covas, etc

CALACÚS, PERO NON DE CABAZA

Hoxe pola tarde tocou frabicar calacús, pero as cabazas eran moi grandes, así que buscando aproveitei unhas berenxenas...e quedaron así de monas....jejeje