Empregando material de reciclaxe podemos facer moitas cousas. Neste caso, como estamos en inverno, fixemos uns bonecos de neve, coa sua bufanda e o seu gorro e ata un botón moi especial. Ademáis os seus ollos non saben estar quietos...
Para facelos fumos pouco a pouco.
O primeiro de todo foi pintar os rolos de cartón de cor branca.
Pegamos os ollos e debuxamos a boca.
Preparamos a bufanda. Está feita con papel pinocho ou crepé de cores e coas tesoiras fixémoslle uns flecos. E despois só queda pegala ao seu redor.
O seguinte foi un gorro con papel charol. E rematamos cun botón moi especial.