Pouco a pouco e con moita paciencia, fomos realizando un mural sobre a Primavera.
O primeiro de todo foi buscar as cores que precisábamos e saber en que orde ían. Algunhas xa as tiñamos na clase, outras houbo que preparalas con moita paciencia e probas, facendo mesturas. Collemos a pintura, manchamos as mans, e comezamos!!!! Unha cor de cada vez, para deixala secar antes da seguinte. Faltounos a azul escuro (pero non pasa nada).
E despois completamos a paisaxe. Unhas árbores, as nubes e o sol, o ceo e a herba.
E para darlle un pouco de cor, bolboretas...
...e flores.
Quedou así de chulo e xa está decorando o noso corredor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Verifica la letras de la imagen para confirmar que no eres una máquina. Gracias por tu tiempo.