Propostas didácticas para traballar:
1.- Presentación do tema a través dos contos:
Haberá unha selección de contos, para lerlles na clase, que tratan do tema e dará lugar a comentalos.
Tìtulos:
· -“Os tres bandidos”. Kalandraka.
· -“Gato Guille e os monstros”. Kalandraka.
· -“¿No duermes osito?”
· -“O monstro de Ricardo”. Kalandraka.
· -“Que hace un cocodrilo por la noche”
· -“A bruxa regañadentes”. Oqo.
· -“Bola de manteiga” .Oqo.
· -“Tio lobo”. Kalandraka.
· -“Verlioka”. Oqo.
· -“Os bolechas teñen medo”. A nosa terra.
· -“ O medo”. Ir indo.
· -“Hansel e Gretel”. Kalandraka.
· -“Carrapuchiña vermella”. Kalandraka.
2.- Educación emocional:
- Conversas en gran grupo sobre:
- Personaxes que lle dan medo, a eles mesmos ou a outras persoas.
- Situacións nas que podemos ter medo (cando estamos solos, pola noite, de compras, vendo películas,,,)
- Que lle pasa ó noso corpo cando temos medo (nos ollos, na boca, na respiración, na pel, no corazón…)
- A que lle tiñan medo os nosos pais cando eran pequenos, por que xa non lle teñen…
- Que podemos facer cando temos medo.
- No entroido nos disfrazaremos de bruxas.
3.- Lingoa:
- Escribir e compoñer as palabras bruxa e monstro.
- Inventar nomes para os monstros e bruxas debuxados. Facer descricións a partir de fichas dadas (vive en, come.., ten..., fai...)
- Memorizar adiviñas referidas a algún destes personaxes.
- Facer o libro dos conxuros: para desaparecer, para enamorar, para convertir...
- Aprenderlle o recitado:
“Era de noite
Había un castelo,
Abriuse a porta
Saiu un morcego
Meteu a man
Sacou un coitelo
¡¡UNTA A NOCILLA, UNTA A NOCILLA!!”
4.- Música:
Aprender a canción “A bruxa Maruxa “e a murga de Entroido.
5.- Expresión corporal:
- Imitación de movementos de bruxas e monstros. Escenificación dalgunha secuencia de “Hansel e Gretel” ou a Bruxa regañadentes.
- Exercicios de relaxación e respiración.
6.- Expresión plástica:
- Debuxar bruxas e monstros para expoñer na “galería de bruxas”,”galería de monstros”
- Elaborar o libro dos monstros en cada clase ou o libro das bruxas ,con debuxos de todos os nen@s. En cinco anos será un libro móbil onde cada páxina terá dúas partes que se poderán cambiar para poder formar un novo monstro.
- Decorar os corredores e aulas con pantasmas, arañas e monstros feitos con recheos de papel.
- Emmarcar portas con “pedra” feita de papel continuo, forrar portas de negro ou vermello, cubrir corcheiras con papel imitando o interior de covas, etc
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Verifica la letras de la imagen para confirmar que no eres una máquina. Gracias por tu tiempo.