Mostrando entradas con la etiqueta mariposa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mariposa. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de mayo de 2013

MURAL DA PRIMAVERA

Pouco a pouco e con moita paciencia, fomos realizando un mural sobre a Primavera.

O primeiro de todo foi buscar as cores que precisábamos e saber en que orde ían. Algunhas xa as tiñamos na clase, outras houbo que preparalas con moita paciencia e probas, facendo mesturas. Collemos a pintura, manchamos as mans, e comezamos!!!! Unha cor de cada vez, para deixala secar antes da seguinte. Faltounos a azul escuro (pero non pasa nada).


E despois completamos a paisaxe. Unhas árbores, as nubes e o sol, o ceo e a herba.



E para darlle un pouco de cor, bolboretas...


...e flores.



Quedou así de chulo e xa está decorando o noso corredor.


domingo, 28 de abril de 2013

PRIMAVERA, PRIMAVERA

Seguimos animando ao sol a sair.....

Despois dos xirasois, completamos o noso  sol cos restos de papel que nos sobraron de recortar a silueta das nosas mans.



Comezamos a facer un arco da vella que xa casi está listo....



...e xa comezaron a chegar as bolboretas!!!!