Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de febrero de 2014

DÍA DA AMIZADE

Unha árbore....

 unha troqueladora e papeis de cores

 ....e moita paciencia e ganas...





 E a nosa felicitación....con todo o noso corazón




miércoles, 8 de enero de 2014

PORTADAS DE NADAL

Para preparar as nosas portadas seguimos os seguintes pasos:
1. Picar a silueta dunha árbore, impresa en folios de cores.
2. Pegar papel crepé/pinocho no espazo que queda ao sacar a árbore.
3. Pegar o folio de cores coa árbore nunha cartolina, tamén de cores.
4. Pegar a árbore que sacamos na contraportada.
5. Pegar pompóns de cores na árbore da portada, facendo as bolas da árbore.
6. Pegar un corazón de goma eva no sitio da estrela.
7. Facer un marco dourado ou prateado, repasando o borde do folio.
8. Repasar tamén a árbore da contraportada.


Este foi o resultado:




viernes, 15 de noviembre de 2013

COROA DO MAGOSTO

Para celebrar a festa do magosto, preparamos unhas coroas moi especiais.

O primeiro que fixemos foi picar unhas castañas de cartolina, e pintar despois con témpera e pincel a parte máis escura.



Despois a profe deulles barniz, para que brillasen máis.



 Pegámolas no centro dunhas tiras de cartolina.



 E só quedou axustar cada coroa á medida, e listo!!!


miércoles, 19 de junio de 2013

EL MUÑECO CRECEPELO

Aquí os dejo esta actividad con la que l@s niñ@s de 1º disfrutaron un montón....no dejaban de ver día a día si su muñeco ya tenía pelo y ya estaban pensando cómo lo iban a peinar. Os dejo las fotos con el proceso y los resultados...para todos los gustos.






jueves, 30 de mayo de 2013

MANUALIDADES: FLORES DE PAPEL

E as nosas flores do mural fixémolas da seguinte forma. Atentos, en 5 pasos están listas.

Necesitamos papel de cores, tesoiras, grapadora e cola.

O 1º será dobrar un rectángulo de papel (neste caso a metade dun A4) á metade, volvelo a dobrar pola metade, e dobralo á metade una 3ª vez. Desta maneira teremos as marcas feitas para dobralo en forma de abanico ou acordeón.



Cando temos o trazo de papel dobrado en acordeón, grampamos pola metade.


E cortamos os laterais, con tesoiras normais ou de formas.


Abrimos e pegamos.


E este é o resultado




MURAL DA PRIMAVERA

Pouco a pouco e con moita paciencia, fomos realizando un mural sobre a Primavera.

O primeiro de todo foi buscar as cores que precisábamos e saber en que orde ían. Algunhas xa as tiñamos na clase, outras houbo que preparalas con moita paciencia e probas, facendo mesturas. Collemos a pintura, manchamos as mans, e comezamos!!!! Unha cor de cada vez, para deixala secar antes da seguinte. Faltounos a azul escuro (pero non pasa nada).


E despois completamos a paisaxe. Unhas árbores, as nubes e o sol, o ceo e a herba.



E para darlle un pouco de cor, bolboretas...


...e flores.



Quedou así de chulo e xa está decorando o noso corredor.


domingo, 28 de abril de 2013

PRIMAVERA, PRIMAVERA

Seguimos animando ao sol a sair.....

Despois dos xirasois, completamos o noso  sol cos restos de papel que nos sobraron de recortar a silueta das nosas mans.



Comezamos a facer un arco da vella que xa casi está listo....



...e xa comezaron a chegar as bolboretas!!!!






martes, 23 de abril de 2013

MARCAPÁXINAS PARA O DÍA DO LIBRO

     Para conmemorar o día do libro e como nos encanta ler....decidimos facer uns orixinais e divertidos marcapáxinas.
       A partir dunha plantilla, recortamos e pegamos as súas partes.




Facemos os detalles nos ollos e listo!!! Xa temos o noso monstro comelibros!!!!




Coidado con eles...............que morden!!!!!


domingo, 24 de marzo de 2013